ENTREVISTA A: Xose Ramón Cendán (militante do Sindicato Labrego Galego) Galiza: a loita contra o canon da auga

“A Auga nos se vende, xuntos facemos moita máis forza”

Hai unha década exploto o debate en Bolivia. As poboacións indí­xenas non gañaban suficiente para pagar a auga e a multinacional concesionaria cobraba por ter unha alxibe ou balsa para almacenar a auga. Tras a explosión popular de Cochabamba, predecesora do triunfo electoral de Evo Morales a auga volveu ás mans dos bolivianos outra vez. Agora en España conforme aumenta a intervención do FMI a auga pública camiña a pasos axigantados cara aos monopolios estranxeiros. No ano 2010 o Sindicato Labrego Galego publicou un Manifesto no que denunciabades a privatización da auga e o traslado das competencias da xestión deste ben dende os concellos a unha empresa privada, Augas de Galicia. Contanos un pouco: Por que estades en contra da privatización da auga, qué consecuencias ten isto pra cidadaní­a?

A primeira cuestión é que normalmente a privatización dos servizos públicos supón estafar, quitarlle os cartos a cidadanía cobrando moito máis do que realmente custa o servizo. Esto producese porque nas concesións, neste caso en Galiza, a maioría das obras son feitas polos propios veciños con pozos, con traidas particulares. Segundo a normativa da Xunta ainda que toda a inversión a fagan os veciños as concesións privadas poden cobrar o “Canon”.

A segunda cuestión é que se a Administración fai unha obra de inversión ou de mellora faina cos impostos deses mesmos veciños que logo teñen que pagar á concesión privada que o que fai é unha xestión e adicase a cargarlle parte dos gastos á propia Administración de xeito que os cidadáns pagamos varias veces, polo servicio, polas melloras que logo non se fan… pagamos por partida dobre.

Quero poñer como exemplo o concello de París, para falar dunha gran cidade pero tamén podemos falar de Xerez, que rescindiu a concesión e puxose a facer obras e ainda así, amortizando as obras e todo aforraronse unha porcentaxe importante no custo da auga aos propios veciños.

Con cantas organizacións compartides ista denuncia da privatización de tódalas Augas de Galicia? Cómo levachedes adiante esta loita?

Non sei no número exacto de organizacións pero nun primeiro lugar con todas as organizacións galegas anti capitalistas, que están en contra de que os beneficios se repartan entre uns poucos e as perdas sexan cousa de todos. Con todas estas organizacións tamén compartimos uns servicios públicos eficientes porque se o servizo se fai de xeito normal e ninguén se leva “sobres marróns” o servicio público sempre é moito máis eficiente que o privado. Xa pagamos por eses servizos cos nosos impostos e ninguén ten que voltar a pagar para que se beneficien uns poucos. Con todas estas organizacións tamén compartimos as loitas dos servizos de limpeza e de moitas outras cuestións que están en mans privadas para obter beneficios e incluso amañar os resultados para que aparezan perdas e haxa que pagarllas.““A privatización dos servizos públicos supón estafar, quitarlle os cartos a cidadanía cobrando moito máis do que realmente custa o servizo””

A empresa Aguas de Barcelona (Agbar), que é a propietaria de Aquagest, a concesión maioritaria de augas de Galicia, tamén estan involucrados na instrucción do caso de corrupción que levou á destitución dos dous derradeiros alcaldes de Santiago, o caso “Pokemon”, qué opinión vos merece este feito?

Para explicar claramente porque hai corrupción poderiamos decir que si se fixese unha auditoría de todas as concesións públicas de este tipo de empresas, con cámara e taquígrafos para que todos os cidadáns puidesemos analizar todos os ingresos e gastos o que veriamos é que eles gañan moito máis do que declaran.

Tal e como está a normativa da auga cobrannos por ter unha balsa de auga para almacear a auga de choiva, cobrannos por un ben da humanidade que é imprescindible. Podemos pasar sen comer pero non sen beber.

Eu creo que se queres ter cen canles de televisión é correcto que pagues por eles, pero os que fan as concesións e os que as collen deberían estar encarcelados. Son bens que deberían estar en “mancomunidade”, baixo a xestión colectiva e común dos veciños.

Agbar (Aguas de Barcelona) é un dos xigantes do sector en España. É propiedade da Caixa (nun 44 %) e do grupo francés do canal de Suez (nun 56 %) pouco a pouco constituiron un holding de 230 empresas. Todo esto surxiu en realidade dos recibos da auga pública. Actualmente AgBar ten servicios de auga en Andorra, Arxentina, Chile, Colombia, Cuba, México e Reino Unido. Esta realidade é compatible co dereito universal de acceso á auga potable?

Eu creo que os cidadán saben que este ou outro consorcio de este estilo está para maximizar os beneficios sen ter unha relación real con custo para o que se fan todo tipo de trampas. A estos países, e outros, obrigounos o FMI a privatizar os seus servizos de auga para recibir financiación. Toda a política do Banco Mundial e do FMI obrigou aos países como España ou Portugal para privatizar servicios básicos como a auga e a Sanidade e todo feito por uns políticos que nos enganan e que negocian estas cousas as nosas costas.

Dende que comenzou a crise en España grandes multinacionais como AgBar fixeronse co control de máis do 60% da auga pública. Por exemplo AgBar, e polo tanto a Caixa e o grupo Canal de Suez, están con beneficios de máis de 3.000 millóns de € ao ano. Cres que debemos debatir sobre a nacionalización ou municipalización dos servicios públicos da auga e poñer eses máis de 3.000 millóns ao servizo da cidadanía?

Cae de caixón, todos os que se aproveitan destas concesións, desta práctica, que tiña que estar penada e os políticos tiñan que estar pagando por estafar a cidadanía. A nivel mundial este feito colleu forza co caso de Cochabamba, a xente das comunidades indíxenas non gañaban para pagar a auga. Coa forza dos cidadáns votaron pola forza a empresa estadounidense e repartiron a auga entre esas comunidades. Ainda por riba a empresa pretendía cobrar 40.000 millóns de dólares polos beneficios que ían perder nos seguintes 40 anos.

As compañías multinacionais como Nestle, Coca-Cola, Pepsi-Cola, Danone… normalmente se limitan a extraer a auga do grifo cun sistema de filtros de «ósmosis inversa» e a engadir minerais antes de vendela como auga embotellada. Este é un negocio que move ao ano máis de 300.000 millóns de dólares cómo podemos facer fronte a estos intereses? Cales son as vosas propostas?

Aquí regulanse todas as obrigacións para os cidadán e hai as maiores liberdades para as empresas. As concesións para comercializar a auga a este tipo de empresas pero neganlles aos cidadáns.

As fontes públicas a veces non chegan as cidades pola forma en que se urbanizaron. Coido que nas vilas debería haber acceso a auga de calidade.“”Temos que gañar correlación de forzas para que esta loita se poida gañar, plantarnos e dicir hasta aquí chegou””

Tamén é salientable o feito de que as embotelladoras e multinacionais fan unha competencia desleal ao regalar a auga por coller máis productos doutro tipo, como incentivo que nos feitos o que sucede é que impiden a comercialización por outros de auga embotellada.

Para rematar agradecerte o teu tempo, propoñoche que resumas en poucas verbas a importancia desta campaña que vides desenrolando dende o ano 2010 e por que a xente debería implicarse máis na defensa deste dereito fundamental.

Os medios de comunicación maioritarios fan unha labor de desinformación e logo estades os medios como vos e organizacións coma nos que tentamos facer un traballo de concienciación, pero vivimos nunha sociedade individualizada e por iso colan estas cousa. Se fosemos unha sociedade máis concienciada do ben común, a parte de ter cada un as nosas vidas, estas cousas non colarían. Agradecer a medios coma vos para que esta información cheguen á xente.

Temos que gañar correlación de forzas para que esta loita se poida gañar, plantarnos e dicir hasta aquí chegou.

Tamén outra cousa, alguén que recibe un voto cada catro anos non ten dereito a roubarnos durante eses catro anos. Agora temos moitas reunión pero non temos capacidade de influir como movemento social.

Deja una respuesta