O noso programa para o 21-O (2)

Contra os recortes, redistribuí­r a riqueza

O noso programa defende que tanto en Galicia coma no resto de España existe diñeiro, recursos e riqueza máis que suficiente. E que todo o problema é redistribuí­r esa riqueza e investir eses recursos para crear emprego,

5
2 votos
07-10-2012
Publicidad
A nosa candidatura defende que o que hai que recortar é un 30% dos gastos innecesarios da administración autonómica. E aplicar unha suba do IRPF a quen máis ten. Con isto, si se pode aumentar, e non recortar, o investimento na sanidade ou na educación e subir as pensións mí­nimas.
 Aquí­ quen viviu e segue a vivir por enriba de todo son os banqueiros, executivos e altos cargos que cobran soldos de 3, 6 ou 9 millóns de euros cada ano e teñen aseguradas pensións de 30, 60 e ata 90 millóns de euros cando se retiren.
Aquí­ quen viviu e segue a vivir por enriba de todo son os banqueiros, executivos e altos cargos que cobran soldos de 3, 6 ou 9 millóns de euros cada ano e teñen aseguradas pensións de 30, 60 e ata 90 millóns de euros cando se retiren.
A nosa candidatura defende que o que hai que recortar é un 30% dos gastos innecesarios da administración autonómica. E aplicar unha suba do IRPF a quen máis ten. Con isto, si se pode aumentar, e non recortar, o investimento na sanidade ou na educación e subir as pensións mí­nimas.

Dinnos que non hai máis remedio que recortar gasto público porque durante anos vivimos por enriba das nosas posibilidades. E que agora non hai diñeiro. 

Isto é unha gran mentira. 

Aquí quen viviu e segue a vivir por enriba de todo son os banqueiros, executivos e altos cargos que cobran soldos de 3, 6 ou 9 millóns de euros cada ano e teñen aseguradas pensións de 30, 60 e ata 90 millóns de euros cando se retiren. "O que hai que recortar non é a sanidade ou a educación, senón un 30% dos gastos innecesarios da administración autonómica"

O noso programa defende que tanto en Galicia coma no resto de España existe diñeiro, recursos e riqueza máis que suficiente. E que todo o problema é redistribuír esa riqueza e investir eses recursos para crear emprego. Por iso, propoñemos tres medidas:

 1º.- Recortar un 30% de gastos innecesarios na administración autonómica. Rebaixa dun 25% nos salarios de todos os cargos públicos con rendas anuais superiores a 60.000 euros. Prohibición de ocupar máis dun cargo público remunerado. Supresión do salario en especie para os altos cargos (axudas de custo, tarxetas a conta do erario público, coches oficiais...). Adelgazamento da estrutura da alta administración (asesores nomeados a dedo, consellos consultivos de todo tipo…). Liquidación de todas as empresas públicas que en dous anos non sexan autosuficientes. Todos eses recursos, ao servizo de mellorar a sanidade, a educación ou a axuda á dependencia.

2º.- Aumentar o tramo autonómico do IRPF ata o 55% para aquelas rendas anuais superiores aos 600.000 euros. E ata o 75% para as rendas por enriba do millón de euros anuais. Todo ese diñeiro extra recadado cada ano, destinado a elevar a contía das pensións mínimas ata os 1.000 euros mensuais no prazo de 4 anos.

3º.- Instar dende a Xunta o goberno central para elevar o salario mínimo aos 1.000 euros mensuais. Sobre a base dunha redistribución salarial global na que non haxa ninguén que cobre un salario superior aos 10.000 euros mensuais.

Estas medidas, ao aumentar a capacidade de consumo e o poder adquisitivo da maioría son as que serven para potenciar o investimento produtivo e crear emprego. Esas son as políticas que están a aplicar os países que non teñen crise, senón que medran, os países que non se someten aos ditados do FMI nin de Berlín.

¿Qué te ha parecido el artículo?
Publicidad



COMENTARIOS