Entrevista con Sara Puga Rey (Primera candidata por A Coruña)

"Claro que hai diñeiro en Galicia. O problema é quen queda con el"

í‰ mentira que non hai diñeiro, vaia se o hai. O que pasa é que o está a levar o capital estranxeiro co pagamento da débeda, os bancos co rescate e os monopolios con subvencións ou supostos déficits tarifarios.

5
2 votos
07-10-2012
Publicidad
39 años. Casada, con dos hijos. Maestra interina, actualmente trabaja en Buño. Natural de Lugo, vive en Teo. Milita en UCE desde hace 23 años, tras haber formado parte del grupo ecologista A curuxa.
 Na propia Constitución recóllese o dereito a que os cidadáns decidamos en consulta popular sobre aquelas cuestións de especial trascendencia para o paí­s. Por iso nós propoñemos unha campaña pola esixencia dun referendo que permita blindar as pensións.

DV.- Antes Zapatero-Rubalcaba e agora Rajoy-Feijoo dinnos que hai que recortar en sanidade ou educación porque non hai diñeiro. Que din as nosas candidaturas ao respecto?

Sara.- É mentira que non hai diñeiro, vaia se o hai. O que pasa é que o está a levar o capital estranxeiro co pagamento da débeda, os bancos co rescate e os monopolios con subvencións ou supostos déficits tarifarios. Nós non propomos recortar nin pedir ningún rescate (mellor chamado saqueo), senón crear en Galicia con eses recursos 250.000 postos de traballo. Claro que hai diñeiro, e moito, en Galicia e no resto de España. O problema é quen queda con el. 

DV.- PP e PSOE reformaron o ano pasado a Constitución para que banqueiros alemáns e norteamericanos poidan cobrar antes incluso que os pensionistas. Que alternativa propoñedes fronte a isto?

Sara.- A reforma da Constitución fixérona en agosto do ano pasado, ás présas e de costas ao pobo, e agora atrévense a nos dicir que o noso primeiro deber é pagar a débeda para que os bancos e o capital estranxeiro engorden as súas ganancias, por diante das pensións dos nosos maiores, da educación dos nosos fillos e da saúde de todos. Con todo, na propia Constitución recóllese o dereito a que os cidadáns decidamos en consulta popular sobre aquelas cuestións de especial trascendencia para o país. Por iso nós propoñemos unha campaña pola esixencia dun referendo que permita blindar as pensións. Se isto non o é...

¿Qué te ha parecido el artículo?
Publicidad

COMENTARIOS